Atlas E
Atlas E / SM-65E / CGM-16E | |
---|---|
Función | ICBM / lanzador orbital. |
Tamaño | |
altura | 28,10 m[1] |
diámetro | 3,05[1] |
masa | 121.000 kg[1] |
Etapas | 1 |
Carga LEO | |
masa | 820 kg[1] |
foguetes derivados | |
Familia | Atlas[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
Sitios | Cabo Cañaveral, Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2] |
Total de lanzamentos | 34[1][2] |
fallos | 13[1][2] |
Voo inaugural | 11 de outubro de 1960[1][2] |
Último voo | 18 de abril de 1968[1][2] |
Acelerarores – Atlas MA-3[1] | |
diámetro | 4,90 m[1] |
masa cheo | 3174 kg[1] |
impulsado por | 1 LR-89-5[1] |
potencia máxima | 1644,960 kN (no baleiro)[1] |
Impulso específico | 256 s (a nivel do mar), 290 s (no baleiro)[1] |
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
Primeira etapa – Atlas E[1][2] | |
altura | 20,12 m[1] |
diámetro | 3,05 m[1] |
masa baleiro | 4926 kg[1] |
masa cheo | 117.826 kg[1] |
impulsado por | 1 LR-105-5[1] |
potencia máxima | 386,3 kN (no baleiro)[1] |
Impulso específico | 214 s (a nivel do mar), 316 s (no baleiro)[1] |
propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atlas E, tamén coñecido co código SM-65E, foi un mísil balístico intercontinental usado tamén como lanzador orbital pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a primeira versión plenamente operativa do mísil.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O Atlas E, unha versión mellorada do Atlas D, foi o primeiro Atlas operativo como mísil e foi despregado entre 1960 e 1966. Despois de ser retirados os mísiles foron usados como lanzadores orbitais. Usaba unha oxiva de reentrada Mk4 máis precisa e un sistema de propulsión (MA-3) mellorado. O sistema de guiado proporcionáballe un CEP de 600 m. Unha vez despregado estaba algo mellor protexido que o Atlas D, usando caixóns semienterrados para almacenalo durante a espera da orde de disparo. As versións modificadas para lanzamentos espaciais usaban guiado por radio (en lugar de guía inercial como nos mísiles), semellante ao dos Atlas D, e novos ordenadores de estado sólido con interface directa ao radar do foguete. Algúns foguetes Atlas usarían partes escollidas tanto do Atlas E como do Atlas F para acomodarse a misións espaciais concretas. Algúns dos Atlas E foron dotados do módulo MSD (Multiple Satellite Dispenser) para lanzar tripletes de satélites de recoñecemento NOSS 1.[1][2][3][4]
Variantes
[editar | editar a fonte]Atlas E Altair
[editar | editar a fonte]O Atlas E Altair (ou Atlas-E/-F Altair-3A) foi unha variante do Atlas E cunha segunda etapa formada por un foguete Altair 3 (tamén coñecida como Star 20). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 11 de abril de 1990, cos satélites POGS, SSR, TEX, SCE e PDD a bordo.[5][6]
Atlas E MSD
[editar | editar a fonte]O Atlas E MSD foi unha variante cunha segunda etapa MSD. Foi lanzada unha soa vez, rematando en fracaso, o 9 de decembro de 1980.[7][8]
Atlas E OIS
[editar | editar a fonte]O Atlas E OIS usou unha segunda etapa OIS (coñecida tamén como Star 27). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 13 de marzo de 1985.[9][10]
Atlas E SGS-2
[editar | editar a fonte]Os catro Atlas E SGS-2 usaban unha segunda etapa Star 48, coñecida tamén como SGS-2 ou SVS-2. Os catro lanzamentos, que tiveron lugar entre 1983 e 1985, foron exitosos e puxeron en órbita satélites do sistema GPS.[11][12]
Atlas E SVS
[editar | editar a fonte]Lanzouse un só Atlas E SVS, fallado, usando unha segunda etapa Star 37E, coñecida tamén como SVS-1, o 19 de decembro de 1981.[13][14]
Atlas E Trident
[editar | editar a fonte]Os dous Atlas E Trident que se lanzaron, ambos con éxito e en 1968, usaban unha segunda etapa Trident e foron utilizados en misións suborbitais para probar vehículos de reentrada atmosférica.[15][16]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] | Data[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] | Sitio de lanzamento[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] | Carga[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] | Resultado[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] | Notas[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 11 de outubro de 1960 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | Primeiro lanzamento dun Atlas E. |
2 | 30 de novembro de 1960 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | |
3 | 24 de xaneiro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | |
4 | 24 de febreiro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
5 | 14 de marzo de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | |
6 | 25 de marzo de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | |
7 | 13 de maio de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
8 | 26 de maio de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
9 | 7 de xuño de 1961 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
10 | 23 de xuño de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
11 | 7 de xullo de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
12 | 31 de xullo de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
13 | 9 de setembro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
14 | 2 de outubro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
15 | 5 de outubro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
16 | 10 de novembro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Fallo | |
17 | 22 de novembro de 1961 | Cabo Cañaveral | F-R/D / SPP 3 / SSP 22 | Éxito | |
18 | 1 de decembro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
19 | 20 de decembro de 1961 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
20 | 13 de febreiro de 1962 | Cabo Cañaveral | Lanzamento de probas. | Éxito | |
21 | 1 de marzo de 1962 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Éxito | |
22 | 13 de xullo de 1962 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
23 | 18 de decembro de 1962 | Vandenberg | NTMP K-4 | Fallo | |
24 | 24 de abril de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Éxito | |
25 | 4 de xuño de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Éxito | |
26 | 3 de xullo de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Éxito | |
27 | 26 de xullo de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
28 | 30 de xullo de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Éxito | |
29 | 24 de agosto de 1963 | Vandenberg | NTMP | Éxito | |
30 | 25 de setembro de 1963 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
31 | 12 de febreiro de 1964 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
32 | 25 de febreiro de 1964 | Cabo Cañaveral | ABRES WAC-3 / SPP 18 | Éxito | |
33 | 27 de agosto de 1964 | Vandenberg | Lanzamento de probas. | Fallo | |
34 | 6 de marzo de 1968 | Vandenberg | Proba suborbital RMP-B 6 | Éxito | Variante Atlas E Trident. |
35 | 18 de abril de 1968 | Vandenberg | ABRES RVTO-1A-1 | Éxito | |
36 | 27 de abril de 1968 | Vandenberg | Proba suborbital RMP-B 7 | Éxito | Variante Atlas E Trident. |
37 | 9 de decembro de 1980 | Vandenberg | NOSS 4A / NOSS 4B / NOSS 4C / MSD 4 / LIPS 1 | Fallo | Variante Atlas E MSD |
38 | 19 de decembro de 1981 | Vandenberg | GPS 7 | Fallo | Variante Atlas E SVS. |
39 | 14 de xullo de 1983 | Vandenberg | GPS 8 | Éxito | Variante Atlas E SGS-2. |
40 | 13 de xuño de 1984 | Vandenberg | GPS 9 | Éxito | Variante Atlas E SGS-2. |
41 | 8 de setembro de 1984 | Vandenberg | GPS 10 | Éxito | Variante Atlas E SGS-2. |
42 | 13 de marzo de 1985 | Vandenberg | Geosat | Éxito | Variante Atlas E OIS. |
43 | 9 de outubro de 1985 | Vandenberg | GPS 11 | Éxito | Variante Atlas E SGS-2. |
44 | 11 de abril de 1990 | Vandenberg | POGS / SSR / TEX / SCE / PDD | Éxito | Variante Atlas E Altair. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 Mark Wade (2018). "Atlas E" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E (SM-65E / CGM-16E) ICBM" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2022). "Atlas E Altair" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Altair-3A" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SGS-2" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-2 (Atlas-E/-F SVS-2)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SVS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-1 (Atlas-E/-F SVS-1)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atlas E |